Apertura das listas de interinidades para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de música e artes escénicas, especialidades de caracterización e indumentaria, espazo escénico, iluminación e técnicas escénicas

Ven, 26/10/2018 - 12:28

Xúntase a Resolución do 26 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de caracterización e indumentaria (594442), espazo escénico (594448), iluminación (594450) e técnicas escénicas (594456).

  • O prazo para formular solicitudes será o comprendido entre o 29/10/2018 e o 5/11/2018, ambos inclusive
  • Nota aclaratoria: no apartado III do baremo contido no anexo I, a referencia á Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 11 de outubro), modificada pola corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril de 2012, debe entenderse feita á Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática en desenvolvemento do Decreto 179/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 1 de decembro de 2016).