Título node Learning object

III Xornada de Onomástica galega
Mér, 10/10/2018 - 09:40
III Xornada de Onomástica galega
A Real Academia Galega celebra o 20 de outubro no Museo de Pontevedra a III Xornada de Onomástica Galega. O programa estará dedicado aos alcumes con sete relatorios que abordarán, entre outras cuestións, a súa presenza nos apelidos e as súas raíces na antropoloxía. Haberá tamén achegas que irán desde os alcumes na Galicia medieval ata os nomes de usuarios na edición da Wikipedia.
 
A xornada, aberta a todo o público, rematará cunha mesa redonda que amosará como os topónimos poden verter luz en disciplinas tan variadas como a botánica, a literatura ou a historia.