Título node Learning object

2ª edición MOOC de Educación en Goberno Aberto
Lun, 08/10/2018 - 13:07
INTEF

O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) convocou a segunda edición do curso masivo en liña (MOOC) sobre Educación en Goberno Aberto, que terá lugar do 9 de outubro ao 16 de novembro de 2018. Nesta convocatoria amplíase o proxecto ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato.

A participación implica a realización dun MOOC por parte do profesorado, a posta en marcha do proxecto no centro educativo e a celebración dun maratón web para compartir os produtos dixitais que cada docente elaboraría para evidenciar o devandito proxecto. Os docentes dispoñerán de guías didácticas para as tres etapas educativas.

Data de inicio do MOOC: 9 de outubro

Finalización do MOOC: 16 de novembro

Para máis información consúltese a seguinte ligazón: