Listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas e relación provisional de persoas excluídas correspondentes ao período extraordinario das prazas de residencia nos CRDs da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2018/2019

Ven, 05/10/2018 - 11:54

Resolución do 5 de outubro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios  socioeconómicos) e a puntuación  total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 24 de maio de 2018 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2018/2019 (DOG núm. 109, do 8 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración no prazo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

  • Prazo para presentar reclamación: 2 días hábiles (8 e 9 de outubro de 2018), que deberán dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.