Título node Learning object

Nativos R
Ven, 05/10/2018 - 09:09
Nativos R

Os nativos R son a xeración de mozas e mozos que está a medrar coa presenza da internet nos seus móbiles, computadores e outros dispositivos dixitais.

É un conxunto de charlas dirixidas á xeración que non medrou na era dixital: pais, avós, titores,...que ten os obxectivos seguintes:

  • Desmitificar a crenza de considerar a esta xeración competente no uso da tecnoloxía polo feito de nacer nela e de que internet, as RRSS ou os móbiles son prexudiciais
  • Informar das novas terminoloxías (sexting, grooming, ciberbullying...) e de como nos afecta o cambio dixital.

Os temas sobre os que trata son:

  • Que redes sociais usan os e as menores e como funcionan?
  • Mitos e lendas sobre nenos na internet
  • Principais riscos da internet: contidos, sexting e ciberacoso
  • Como previr: mediación activa na seguridade
  • Identidade dixital positiva: o mellor de ti na Rede

Localidades onde se van a levar a cabo:

A Guarda

Cee

O Carballiño

Sarria

Silleda

Verín

As charlas informativas nativos R darán comezo o 13 de outubro en Silleda dentro da XGN R Encounter.

Duración das charlas: 2 horas.

Aforamento: 40 persoas.

Non é un exclusivo para clientes R, poden solicitar as entradas tanto clientes como non clientes.