Procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de teoría teatral (594459)
Ven, 21/09/2018 - 14:11
Resolución do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de teoría teatral (594459).
- O prazo para formular solicitudes será o comprendido entre o 24/09/2018 e o 28/09/2018.
- Nota aclaratoria: no apartado III do baremo contido no anexo I, a referencia á Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 11 de outubro), modificada pola corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril de 2012, debe entenderse feita á Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática en desenvolvemento do Decreto 179/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 1 de decembro de 2016).
Resolución do 20 de setembro de 2018
Modelo de solicitude
Modelo de alegación de méritos
Corrección de erros da Resolución do 20 de setembro de 2018
Resolución provisional
Listaxe do baremo provisional de persoas seleccionadas e non seleccionadas
Resolución definitiva
Listaxe do baremo definitivo de persoas seleccionadas e non seleccionadas