Título node Learning object

Concurso Nacional de Boas Prácticas
Ven, 21/09/2018 - 09:42
Concurso Nacional de Boas Prácticas

Convócase o Concurso Nacional de Boas Prácticas en centros docentes educativos que impartan ensinanzas non universitarias do sistema educativo español correspondente ao ano 2018. Está dirixido a centros educativos que desenvolvan proxectos e actividades que melloren a calidade educativa e cumpran as condicións e requisitos de "boa práctica" para poñer en valor actuacións exemplares, de xeito que estas boas prácticas, consecuencia do esforzo compartido na busca da mellora na acción educativa, sirvan de modelo e inspiración a outros centros educativos.

Recoñecerase cun importe de 10.000 euros un proxecto por cada unha das categorías e modalidades.

Prazo de presentación:

Ata o 30 de setembro de 2018