Axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema Universitario de Galicia para o exercicio 2018

Ven, 13/07/2018 - 09:10

Xúntase a Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde.

Cál é obxecto destas axudas?

Axudas para mellorar, crear, recoñecer e estruturar as agrupacións estratéxicas das Universidades de Galicia mediante as seguintes modalidades:

- Modalidade A: agrupacións que xa foron obxecto de axuda na convocatoria do ano 2015 e que estean incluídas no convenio do ano 2017 de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o financiamento de agrupacións estratéxicas de investigación, esta axuda destinarase a apoiar un programa de accións relacionadas coa axenda científica da agrupación, o fortalecemento da súa estrutura interna e o fomento da súa proxección cara ao exterior, a integración e o fortalecemento de sinerxias para unha mellor consecución dos seus fins.

- Modalidade B: a axuda destinarase a creación de novas agrupacións estratéxicas de investigación, con esta modalidade se pretende explorar as posibilidades de agregación de capacidades de investigación en novos ámbitos de interese para Galicia.

Quen pode solicitar estas axudas?

As universidades do Sistema universitario de Galicia que presentarán as súas solicitudes ante a Secretaria Xeral de Universidades

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: réxime de concorrencia competitiva

Tipo de axuda: axuda a fondo perdido

Intensidade da axuda: 100%

Orzamento total: 3.800.000 euros

Importe das axudas

As axudas serán de aplicación por un período de 3 anualidades, de acordo coa seguinte desagregación:

Modalidade A: Entre unha contía máxima de 600.000 € e unha mínima de 400.000 €.

Modalidade B: Entre unha contía máxima de 500.000 € e unha mínima de 400.000 €.

En ambas modalidades o importe global das axudas distribuirase asignando un 25% do importe na primeira anualidade, un 40% na segunda e un 35% na última para cada unha das agrupacións que se concedan con cargo a estas axudas.

A onde acudir?

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881999541 / 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal