Listaxe provisional de admitidos e excluídos dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2017 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Mar, 03/07/2018 - 09:54

De conformidade co establecido no artigo 11 da orde do 20 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2017 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, procédese á exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada (subsanación ou requirimento).

  • Prazo de presentación da documentación do 4 ao 17 de xullo de 2018