Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2017 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Mér, 09/05/2018 - 08:44

Xúntase a Orde do 20 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2017 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.