Título node Learning object

Alumnado con sobredotación intelectual
Mar, 26/04/2011 - 14:01

“Esa persoa é un xenio”. “Foi unha nena precoz”. “Que talento ten!”. “Ese pequeno é un prodixio”. “Creo que a súa sobriña é superdotada...”
Expresións como estas son relativamente frecuentes e intuitivamente fan referencia a unha realidade certeira: as persoas con altas capacidades non conforman un grupo homoxéneo. Aínda que no
seu conxunto teñen en común a excepcionalidade nalgún campo, tamén posúen particularidades que as distinguen. Así, das persoas talentosas afírmase que mostran habilidades excepcionais en áreas
moi concretas, polo que se caracterizan pola súa competencia específica; das persoas precoces destacan as aprendizaxes temperás, xa que manifestan unha competencia específica prematura; das que dicimos que son un prodixio, sinalamos que conseguen produtos inimaxinables e destacados para a súa idade; das que dicimos que son superdotadas, pretendemos resaltar a súa alta competencia
xeral. Polo tanto, as persoas con sobredotación representan unha pequena porcentaxe do colectivo formado por persoas con altas capacidades e a elas dedicaremos as seguintes páxinas.