Título node Learning object

Alumnado con discapacidade motora
Mar, 26/04/2011 - 13:56

Entre as mans temos un novo número da colección “Orientacións e respostas educativas” que, ao igual cós anteriores, trata de espallar entre os integrantes da comunidade escolar as características máis salientables do alumnado con necesidades educativas especiais, neste caso ligadas á discapacidade motora.
Con esta publicación queremos dar a coñecer as características máis significativas deste alumnado, achegando a toda a comunidade educativa as peculiaridades que lle son propias.
Facémolo conscientes de que a atención á diversidade é un principio educativo que hai que aplicar en calquera centro e a calquera grupo, para o que a escola debe dar unha resposta específica e de calidade a todas as persoas e en todos os ámbitos do seu desenvolvemento.