Resolución definitiva dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/2018

Ven, 24/11/2017 - 14:09
Resolución definitiva dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/2018

Xúntase a Listaxe definitiva dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/18.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.