Título node Learning object

Campaña "En negro contra as violencias"
Ven, 24/11/2017 - 09:12
logo

Co gallo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres o 25 de novembro, 75 concellos galegos están a levar adiante a campaña "En negro contra as violencias" en repulsa contra os asasinatos machistas. Locais sociais de toda Galicia distribúen gratuitamente os carteis da campaña para sensibilizar a toda a sociedade e visibilizar. O día 24 farase unha lectura pública dun manifesto común nos 75 concellos participantes.

Desde a web da campaña pódense personalizar e descargar os materiais da campaña.