Convocatoria do Certame Vindevídeos

Xov, 02/11/2017 - 13:40
Convocatoria do Certame Vindevídeos

Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura, convoca o Certame Vindevídeos, coa finalidade de que a xente nova e mais a sociedade en xeral poidan achegarse á cultura trobadoresca a través de producións en soporte audiovisual.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentesda Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan ensinanzas sostidas con fondos públicos: ensinanzas de educación infantil e primaria, de educación secundaria (ESO, bacharelato, FP básica,ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio. Incluiranse os centros que impartan ensinanzas de adultos destes niveis académicos e os centros que impartan ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia.

Cada centro poderá enviar ao concurso un máximo de tres vídeos realizados co alumnado. A súa temática estará relacionada coa cultura trobadoresca na que se xeraron as cantigas medievais galego-portuguesas e a técnica será libre.

Establécense dúas categorías, A (para vídeos realizados con alumnado de educación infantil e primaria) e B (paravídeos realizados con alumnado de educación secundaria, ensinanzas especiais de grao medio, ensinanzas de adultos destes niveis académicos e ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia). Concederanse dous premios (1.º e 2.º) para cada unha delas.

A/O docente responsable de cada vídeo premiado recibirá unha certificación de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

  • Amplíase ata o 19 de decembro de 2017 o prazo para presentar orixinais ao certame Vindevídeos

Menú Advertisement

Premios autonómicos

Sen términos