Proposta de concesión das bolsas destinadas ao alumnado das universidades do SUG que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2017/2018

Ven, 20/10/2017 - 13:43

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 19  de outubro  de 2017, elevar ó Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema univesitario de Galicia  que participan en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2017/2018. Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente orde de resolución.