Título node Learning object

Premio Concepción Arenal 2017 para proxectos educativos pola igualdade de xénero
Ven, 20/10/2017 - 09:30
Logo Deputación

A Deputacion da Coruña, co gallo do 25 de novembro, convoca o "Premio Concepción Arenal 2017: proxectos educativos pola igualdade de xénero". O obxectivo deste premio é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construcción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos. Premiarase o programa de activides de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdades entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporado de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía a autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Destinatarios: centros eduactivos da provincia da Coruña
Modalidades: a) infantil; b) primaria; c) secundaria.
Premio: 5.000 € para o centro premiado en cada modalidade.
Prazo de presentación: 30 naturais (14/10/2017-14/11/2017)

Pódense consultar as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (núm. 195 do 13/10/2017).

Para obter máis información pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concepcion-arenal-proxectos-educativos-igualdade-xenero/2017/bases/