Título node Learning object

VI Xornada Galega contra a Trata
Mér, 18/10/2017 - 13:05
imaxe

A Rede Galega contra a Trata Sexual organiza a VI Xornada Galega "Violencias invisibles: trata con fins de explotación sexual". A xornada está aberta a calquera persoa interesada nesta temática.

Preténdese que esta xornada sexa un foro para reflexionar e debater sobre as ferramentas actuais de intervención no marco legal, social e sanitario así como para crear un espazo onde abrir novas perspectivas de abordaxe dende a transversalidade da perspectiva de xénero e un enfoque baseado nos dereitos humanos. Para acadar este obxectivo contarase con participantes especialistas en cada eido.

Lugar: CGAC (rúa Valle Inclán 2 - Santiago de Compostela)
Día: xoves 19 de outubro de 2017
Horario: 9.30 -14.00 e 16.00 - 19.00
Inscrición: gratuíta
Formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/4HU1jwohZmRfNH663 

Para obter máis información pódese contactar coa organización a través das seguintes vías:
redegalegatrata@gmail.com
981 585 515