Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública. Servizo de Prevención de Condutas Adictivas.
2. Ámbito: Promoción da saúde. Prevención de condutas adictivas. Educación en hábitos saudables. Educación en competencias psicosociais.
3. Presentación do programa: O programa educativo Apuntámonos a non beber está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 11 e os 14 anos, etapa na que se dá o contacto inicial coas bebidas alcohólicas, sendo o alcohol a substancia psicoactiva máis consumida pola mocidade.
Apuntámonos a non beber consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa prevención do consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en persoas menores de idade.
Os centros escolares promoverán que cada aula participante elabore un traballo en equipo no que terán que entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas e/ou enerxéticas ou de fomento do non consumo, en calquera soporte gráfico ou audiovisual.
O persoal docente deberá participar no antedito programa asumindo o seu o compromiso e a implicación no seu desenvolvemento así como a participación nas intervencións presenciais que se leven a cabo co alumnado e as súas familias.
4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO.
5. Participación: Determinarase en función da capacidade organizativa de cada provincia
- Límite de centros participantes: -
- Límite de docentes participantes por centro: -
- Límite de alumnado participante por centro: -
6. Criterios de selección:
- Priorizaranse os centros que participen por primeira vez.
- Terase en conta a idoneidade e a calidade do proxecto presentado.
7. Persoa responsable:
Nome: María Sagrario García Batalla
Departamento: Servizo de Prevención de Condutas Adictivas
Teléfono: 881 540 112
Correo electrónico: sagrario.garcia.batalla@sergas.es
8. Obxectivos do programa:
- Previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en menores de idade, atrasar a idade do seu comenzo e, no caso de que xa se iniciase o consumo, desenvolver habilidades sociais e estratexias de socialización e de asertividade en ámbitos libres de consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas, así como potenciar as habilidades para saber dicir NON ante as presións grupais.
- Coñecer a relación entre o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas, a saúde e os riscos de exclusión social (dependencia, adicción) para desnormalizar a conduta de consumir estas bebidas na mocidade.
- Dotar ao alumnado de ferramentas para analizar con espírito crítico a publicidade e dar pautas para deseñar unha campaña de prevención do consumo de bebidas alcohólicas e/ou enerxéticas.
9. Palabras clave: Bebida alcohólica, bebida enerxética, adicción, dependencia, mocidade.
10. Metodoloxía e temporalización: O programa está deseñado para traballar na aula como un proxecto interdisciplinar e como tema transversal no Proxecto Educativo do Centro, integrado no espazo de Educación para a saúde durante todo o curso escolar. As actividades están distribuídas en dúas intervencións (1ª de novembro a xaneiro, 2ª de febreiro a maio) e serán implementadas polo persoal técnico do programa dos departamentos territoriais da Consellería de Sanidade.
Ademais, o alumnado cumplimentará un cuestionario inicial ao comezo do programa e outro á súa finalización. Por outra parte, ás familias ofréceselles un folleto informativo e unha enquisa en formato dixital ao inicio do programa e o profesorado cumplimentará un cuestionario ao final do mesmo.
As ligazóns para acceder aos cuestionarios e demais información estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública.
11. Actividades e recursos ofertados:
- Recursos materiais: Todas as intervencións inclúen unha presentación en PPT para que o profesorado poida remarcar aqueles puntos que considere máis importantes, ademais dos correspondentes cuestionarios para o alumnado, profesorado e familias e un folleto informativo.
- Obradoiros:
Unha primeira intervención (entre os meses de novembro e xaneiro) para o ALUMNADO de 50 minutos de duración (unha hora lectiva) por parte da persoa do Departamento Territorial de Sanidade responsable do programa. Nela exponse en que consiste o programa e ofrécese información sobre as bebidas alcohólicas e enerxéticas e as súas implicacións para a saúde.
Ademais, ofréceselle ás familias un folleto con infografía, alertando dos riscos do consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas, e unha enquisa sobre hábitos de consumo destas bebidas no ámbito familiar, que estará dispoñible en versión dixital na páxina web da Consellería de Sanidade, para facilitar a súa cobertura. Nesta enquisa indagarase tamén sobre o interese en participar nunha charla-coloquio para as familias sobre os riscos do consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas e as ferramentas para abordar situacións cotiás e previr estes consumos na mocidade. No caso de existir familias interesadas, realizarase esa intervención antes do 31 de xaneiro. O profesorado do centro responsable do desenvolvemento do programa deberá estar presente no momento das intervencións.
Unha segunda intervención (entre febreiro e abril) para o ALUMNADO de 50 minutos de duración (unha hora lectiva) por parte da persoa do Departamento Territorial de Sanidade responsable do programa. Nesta intervención facilitarase información sobre a lexislación actual en relación ao consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas e ofreceranse ferramentas para analizar con espírito crítico a publicidade destas bebidas. Daranse tamén pautas para que o alumnado poida deseñar unha campaña de prevención do consumo destas bebidas en calquera soporte audiovisual, para que a aula traballe nun proxecto común elaborando unha CAMPAÑA DE CONTRAPUBLICIDADE sobre un anuncio de bebidas alcohólicas e/ou enerxéticas ou que fomente o non consumo destas bebidas na mocidade. O formato da campaña poderá ser gráfico ou audiovisual: slogan nun cartel publicitario, canción, representación teatral (máximo 3 minutos), páxina web, etc. A campaña deberá estar dirixida á mocidade, cunha mensaxe positiva, clara e orixinal, aportando unha visión crítica da publicidade. O profesorado do centro responsable do desenvolvemento do programa deberá estar presente no momento das intervencións.
- Saídas: non se contempla.
- Webs de referencia:
- Concursos / Premios: Haberá un premio para os 3 mellores proxectos de campañas de contrapublicidade e/ou de fomento de non consumo realizadas por cada aula. O premio gozarao toda a aula gañadora. A persoas técnicas responsables do programa informarán ao centro directivo cales son as aulas gañadoras do premio. Os centros gañadores quedarán recollidos na páxina web da Consellería de Sanidade.
- Formación: non se comtempla
12. Orzamento: non se contempla.
13. Produto final: Cada aula participante deberá entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas e/ou enerxéticas ou de fomento do non consumo destas bebidas.
Entregarase UN SÓ TRABALLO POR AULA PARTICIPANTE. A súa entrega terá como data límite o 15 de maio de 2026.
Os orixinais destes traballos quedarán en poder do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Consellería de Sanidade e poderán ser utilizados na elaboración de materiais educativos ou divulgativos.
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+:
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
- Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs, etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- Presentación do proxecto final como actividade obrigatoria segundo as características específicas de formato, idoneidade e calidade.
- Participación de forma activa do alumnado e do profesorado nas intervencións presenciais e no traballo para a realización do proxecto final.
- Participación das familias na cobertura e devolución da enquisa e, de ser o caso, participación activa das familias e do profesorado na intervención de formación presencial voluntaria destinada a estas.