Listaxe provisional de admitidos e excluídos dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2016 nas universidades do SUG

Mar, 12/09/2017 - 13:59

De conformidade co establecido no artigo 11 da orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2016 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, procédese á exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (subsanacion ou requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada