Convocados os premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2016 nas universidades do SUG

Lun, 03/07/2017 - 08:50

Xúntase a Orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2016 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.