Orde do 10 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta Consellería

Lun, 22/05/2017 - 11:53

Xúntase a Orde do 10 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta Consellería.

  • O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia