Puntuacións provisionais e relación provisional de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto, Clarinete e Percusión

Lun, 15/05/2017 - 09:07

Xúntase o Anuncio do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e da relación provisional de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422) (Anuncio de apertura de prazo do 15 de marzo de 2017, Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo).

  • Contra as puntuacións provisionais e a relación provisional de persoas excluídas, as persoas interesadas poderán formular unha reclamación mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.