Bibliotecas Escolares Solidarias 2016/2017. Voluntariado de Lectura-A (Primaria)

Mér, 10/05/2017 - 09:35
Bibliotecas Escolares Solidarias 2016/2017. Voluntariado de Lectura-A (Primaria)

Xúntase Resolución do 9 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Centros e RRHH pola que se amplía a resolución de 7 de novembro de 2016 de convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias". Esta ampliación refírese á acción "Voluntariado de lectura-A" para o curso 2016/2017 e a través dela concrétase o número de centros (8) que se seleccionan en función da memoria de actividades realizadas ao longo do presente curso 2016/2017, así como as accións a través das que se recoñece o traballo levado a cabo polo alumnado de 5º e 6º de primaria que actúan como voluntarios e voluntarias de lectura nos centros inscritos nesta actividade.

Voluntariado de lectura-A, como o resto de accións integradas en "Bibliotecas Escolares Solidarias" é o resultado da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.