Comisións de servizos por motivos de saúde (2017)
Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2017/2018
O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 15 de abril de 2017 ao 30 de abril de 2017, ambos inclusive.
Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste prazo o persoal docente do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres, profesorado de relixión e persoal interino.
O persoal docente que está participando no concurso de traslados, poderá solicitar comisión de servizos por razóns de saúde unha vez que se publique a resolución definitiva da adxudicación de destinos do referido concurso.
Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.
Teléfonos de contacto:
- Profesorado de secundaria: 981545406, 981 545255 e 981545445
- Mestres: 981545440, 981544482 e 9815545495
Correos electrónicos:
- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
- Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es
Orde do 30 de abril de 2007: Convocatoria de comisión de servizo por motivos de saúde (DOG) Corrección de erros da convocatoria (DOG) Resolución provisional admitidos primaria Resolución provisional excluídos primaria Resolución provisional admitidos secundaria Resolución provisional excluídos secundaria Resolución provisional admitidos relixión Resolución provisional excluídos relixión Solicitudes rexeitadas Resolución definitiva Corrección de erros Resolución definitiva de admitidos de primaria Resolución definitiva de excluídos de primaria Resolución definitiva de admitidos de secundaria Resolución definitiva de excluídos de secundaria Resolución definitiva de relixión Anexo de excluídas