Título node Learning object

Premio UNESCO de educación das nenas e das mulleres
Mar, 28/03/2017 - 10:50
Logo

Información

O Premio UNESCO de educación das nenas e das mulleres honra as innovacións e contribucións destacadas que realizaron particulares, institucións e organizacións para fomentar a educación de nenas e de mulleres. Trátase do primeiro Premio UNESCO destas características e a súa singularidade consiste en promover proxectos de éxito que melloren e fomenten as perspectivas educativas de nenas e de mulleres e, á súa vez, melloren a súa calidade de vida.

Co apoio do goberno da República Popular China, o Premio outórgase anualmente a dúas persoas laureadas e o seu importe é de 50.000 dólares estadounidenses para cada un delas, co fin de impulsar o seu labor no ámbito da educación de nenas e de mulleres.

Participantes

As persoas, institucións ou organizacións que contribuísen eficazmente ao fomento da educación das nenas e das mulleres.

As candidaturas poden ser presentadas á Directora Xeral da UNESCO polos gobernos dos Estados Membros da UNESCO por conduto das súas Delegacións Permanentes ante a UNESCO, e por organizacións non gobernamentais (ONG) que colaboran oficialmente (en inglés) coa UNESCO. Cada organismo poderá presentar tres candidaturas como máximo.

Prazo

As candidaturas deben ser presentadas por conduto do sistema en liña pola Delegación Permanente ante a Unesco correspondente ou pola ONG ata a medianoite do 5 de maio de 2017 (UTC+ 1, hora de París).