Título node Learning object

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2017
Mar, 28/02/2017 - 10:05

Descrición

Deputación provincial da Coruña. Servizo de acción Social, cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais.

Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2017.

Entidades solicitantes

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as federacións de nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos con fondos públicos, que deberán estar rexistradas no rexistro correspondente da Xunta de Galicia.

Subvención

Importe da subvención que se vai conceder: de 600 euros a 40.000 euros.