Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato

Mér, 01/02/2017 - 08:55

Xúntase a Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os prazos de presentencion de solicitudes de reserva de praza e de admisión para o próximo curso 2018/2019, serán os seguintes:

  • Reserva de praza en centros de adscrición: do 1 ao 15 de febreiro de 2018, ambos incluídos
  • Solicitude de admisión en centros sostidos con fondos públicos: do 1 ao 20 de marzo de 2018, ambos incluídos