Resolución do 28 de novembro de 2016 pola que se regulan os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar para o curso 2016/2017

Lun, 28/11/2016 - 12:38

Xúntase a Resolución do 28 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2016/17, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o 29 de novembro ata o 14 de decembro de 2016, ambos os dous incluídos.