Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de Acordeón, Clave, Instrumentos da música tradicional e popular (Gaita), Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco,Órgano e Dirección de orquestra

Mér, 05/10/2016 - 09:05

Anuncio do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de Acordeón ( 594401), Clave (594405), Instrumentos da música tradicional e popular (Gaita) (594413), Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco (594417), Órgano ( 594420) e Dirección de orquestra ( 594421).

  • O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a sú a baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.