Illustrator. Vectorización para preimpresión gráfica, artística e industrial

L1601006 Illustrator. Vectorización para preimpresión gráfica, artística e industrial é unha actividade a desenvolver na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
Lun, 27/06/2016 - 20:01
Illustrator. Vectorización para preimpresión gráfica, artística e industrial

L1601006 Illustrator. Vectorización para preimpresión gráfica, artística e industrial é unha actividade a desenvolver do 12 ao 16 de setembro na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo e está dirixida ao profesorado de Artes Plásticas e Deseño.

Obxectivos

  1. Aprender nocións de vectorización na preimpresión para a arte gráfica.
  2. Saber elixir o mellor formato de arquivo, soporte de papel e técnica de impresión, para conseguir nitidez e calidade nos resultados.
  3. Saber como atallar os problemas de reprodución máis habituais con recursos á altura do fluxo de traballo do deseñador.

Contidos

  • Elaboración de orixinais vectorizados para a preimpresión e para o seu reporte cara a distintas matrices de estampación: fotopolímero, pantallas de serigrafía, pranchas calcográficas etc.
  • Erros clásicos de impresión. Acabado e encadernado.
  • Traballo con imaxes. Vector fronte a píxel. Calidades e vantaxes.
  • A resolución: diferenzas entre resolución nas imaxes e resolución de dispositivo de saída.
  • A profundidade da cor nas imaxes. Os formatos de arquivo.
  • Traballo con tintas. Cores de proceso fronte a tintas planas (CMYK fronte a Patróns). A cuatricromía.
  • Traballar con tintas planas. Tintas translúcidas e tintas opacas.
  • Interacción: Adobe Indesign e Adobe Photoshop.
  • A xeración de arquivos no formato PDF.

Inscrición a través de fprofe.

Documentación e máis información no curso creado na Aula Virtual do CFR de Lugo: https://goo.gl/rUAdYi

 

Menús CAFI node R

 

Sección