Orde para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2016/2017, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...

Lun, 20/06/2016 - 09:10

Xúntase a Orde do 2 de xuño de 2016 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2016/17, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia; aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a quen se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar; ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Prazo para cubrir a instancia na web

Para todo o profesorado desprazado e en expectativa de destino, profesorado en prácticas e pendente de nomeamento de funcionario de carreira, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas e interinos, substitutas e substitutos, o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016, o prazo será de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación na lista de aprobados polos tribunais.