Título node Learning object
Ficha técnica
1. Institucións das que depende: Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública. Servizo de Prevención e Control de Enfermidades . Plan galego anti VIH/sida e outras ITS .
2. Ámbito: Saúde e benestar / Igualdade .
3. Presentación do programa: O programa xurdiu pola necesidade de mellorar a información e coñecemento da mocidade respecto das Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) e das medidas de prevención para evitalas ou diagnosticalas precozmente.
No Plan galego anti VIH/sida e outras ITS, detectouse un incremento das infeccións de transmisión sexual. Por esta razón deseñáronse varias liñas de actuación para mellorar esta situación. Unha destas liñas é ampliar a información e o coñecemento das poboacións máis novas con intervencións no ámbito educativo como unha formación básica de carácter transversal.
4. Alumnado ao que vai dirixido o programa: Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (3º e 4º ESO), Bacharelato, e ciclos formativos de grao básico e medio.
5. Participación:
Límite de centros participantes: Sen límite de centros participantes
Límite de docentes participantes por centro:
Mínimo de docentes participantes dous.
Un dos docentes será da especialidade de Bioloxía ou ben dunha das especialidades da familia profesional de Sanidade (Procesos Sanitarios, Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos, Procedementos Sanitarios e Asistenciais, Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico ).
Sin límite máximo de docentes.
Limite de alumnado participante por centro: Sen límite de alumnado participante.
6. Criterios de selección: Adecuación do proxecto presentado á metodoloxía e fins do Programa Xente con Don.
7. Persoas responsables:
Nome: Rogelio Lema Mougán e Sonia Touceda Taboada.
Departamento / Servizo: Servizo de Prevención e Control de Enfermidades .Dirección Xeral de Saúde Pública . Consellería de Sanidade
Teléfono: 881 542 914
Correo electrónico: Xente.con.Don@sergas.es
8. Obxectivos do programa:
- Mellorar e aumentar o coñecemento da mocidade sobre como as infeccións de transmisión sexual (ITS) poden afectar á saúde ( recoñecemento de situacións de risco, síntomas ou signos frecuentes...), favorecendo unha actitude preventiva ante as infeccións de transmisión sexual .
- Aumentar o coñecemento individual sobre as ITS para beneficiar ao grupo pola transferencia de información entre pares, de tal modo que a información se vexa amplificada no grupo da poboación obxectivo.
9. Palabras clave: ITS, infeccións de transmisión sexual, saúde sexual , prácticas de risco, prevención
10. Metodoloxía e temporización:
Os centros educativos promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que realizar varias etapas (estas etapas organizaranse ao longo do curso como determine o equipo docente do centro segundo a súa programación e dispoñibilidade)
Etapa previa:
Organización no centro educativo dun equipo de profesorado interesado en realizar o Programa Xente con Don. O equipo a ser posible debería contar con polo menos dous docentes sendo un deles da especialidade de Bioloxía ou ben dunha das especialidades da familia profesional de Sanidade.
Solicitar ao Plan Proxecta a inclusión no Programa Xente con Don, presentando unha breve memoria que inclúa o equipo docente que vai dirixir o programa.
Realización do Programa unha vez aprobada a inclusión no Plan proxecta:
1ª Etapa: Avaliación individual de coñecementos sobre ITS que ten o alumnado.
O Plan galego anti VIH/sida e outras ITS do Servizo de Prevención e Control de Enfermidades facilitará un modelo de formulario de preguntas test sobre ITS que se pode utilizarse para facer esta avaliación. Este mesmo formulario volverá a usarse para medir os coñecementos adquiridos polo alumnado cando finalice o programa.
Calcularase, por parte do equipo docente, a media de puntos obtidos polos estudantes distribuída por aula e centro.
2ª Etapa: Recompilación de información sobre ITS.
Formaranse grupos de alumnado, e repartiranse tarefas de busca de información sobre ITS en Internet asignando a cada grupo dúas ou tres ITS. O profesorado supervisará e fará recomendacións sobre as fontes de información.
O Servizo de Prevención e Control de Enfermidades facilitará un temario breve cos coñecementos que sería o desexable que adquirisen os estudantes durante a realización do programa.
3ª Etapa: Elaboración dunha presentación.
Os grupos de alumnado realizarán unha presentación electrónica (tipo Power Point, Impress...) sobre ás ITS que traballaron ou un vídeo de corta duración para poder ser exposta aos seus compañeiros e compañeiras.
4º Etapa: Exposición e valoración dos traballos.
Exposición dos traballos realizados aos seus compañeiros e compañeiras.
Valoración (p.e. 1-10 puntos) dos traballos expostos:
* Individualmente polo propio alumnado, do traballo de cada un dos grupos.
* Polo docente que dirixiu os grupos.
Establecerase unha puntuación media entre a valoración do alumnado e a do docente.
5ª Etapa: Avaliación individual dos coñecementos adquiridos.
Avaliación dos coñecementos adquiridos individualmente polo alumnado volvendo a pasar o test de coñecementos de ITS que se pasou ao inicio da actividade.
Calcularase, por parte do equipo docente, a media de puntos obtidos polo alumnado distribuída por aula e centro.
6º Etapa: Elaboración dunha breve memoria sobre as actividades realizadas
Redacción, por parte do equipo docente dunha breve memoria sobre as actividades realizadas. Incluirá os datos acadados na puntuación da avaliación distribuída por aula e centro.
Xuntarase a esta memoria os dous traballos (powerpoint, impress, pdf, video etc) máis puntuados polo alumnado e profesorado.
7ª Etapa: Envío da memoria cos traballos anexados.
Envío ao Plan galego anti VIH/sida e outras ITS (do 15 de maio ao 3 de xullo de 2026) da memoria cos traballos anexados.
11. Actividades e recursos ofertados:
- Recursos materiais:
Un documento básico coa información sobre ITS que o alumnado debería coñecer tras o desenvolvemento do programa Xente con Don.
Enquisa para analizar os coñecementos previos e posteriores a realización do Programa Xente con Don.
- Webs de referencia:
https://www.sergas.es/Saude-publica/VIH-e-outras-ITS
https://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/homeITS.htm
Recomendamos buscar información en internet, especialmente en formato vídeos de Youtube.
Canle Sex Invaders en Facebook, Instagram e Blog
13. Produto final: O produto final pode ser calquera dos seguintes : vídeo, presentación, videoxogo, curtametraxe...,
14. Criterios de avaliación:
Criterios xerais do Plan Proxecta
1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios xerais do programa Xente con Don
1. Datos de pre-avaliación e avaliación final de coñecementos sobre ITS adquiridos de maneira grupal: Calcularase a nota media das pre-avaliacións e avaliacións finais da/s aula/as e do centro valorada de 1-10 puntos.
Utilizarase como ferramenta de medida as preguntas test propostas polo Plan galego anti VIH/sida e outras ITS.
2. Elaboración dun vídeo ou presentación en Power Point ou Impress. Enviaranse, como máximo, as dúas mellor valoradas polo alumnado e docentes do centro.
Valoraranse por parte do programa Xente con Don a calidade do traballo realizado polos alumnos e alumnas dos centros participantes.
3. Número do alumnado participante distribuído por sexo e por aulas.
Número de profesorado que participou no equipo do centro educativo, distribuído por sexo e áreas de coñecemento.
