L1502004 Xornadas de actualización laboral 2016
Actividade a desenvolver no CFR de Lugo e dirixida a profesorado de FP.
Ven, 12/02/2016 - 10:55
Esta actividade desenvolverase no salón de actos do CFR de Lugo os días 26 e 27 de febreiro de 2016 e terá unha duración de 10 h.
Horario
Día 26: de 16:00 h a 21:00 h
Día 27: de 09:00 h a 14:00 h
Obxectivos
- Analizar as novidades da normativa laboral e da Seguridade Social para o ano 2016.
- Confeccionar a documentación utilizable.
- Realizar supostos prácticos de aplicación.
Contidos
- Análise das novidades na normativa laboral para o ano 2016.
- Análise das novidades na normativa da Seguridade Social para o ano 2016.
Na Aula virtual do CFR de Lugo poderase ampliar a información e terase acceso á documentación da actividade.
Curso creado na Aula virtual:
Acceso á ficha da actividade en fprofe:
- Ficha da actividade en fprofe: