Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Amplíase o prazo de inscrición ata o venres 22 de xaneiro de 2016
A actividade desenvolverase no CFR de Lugo
Lun, 18/01/2016 - 11:41
Obradorio Oratoria
Oratoria

Actividade dirixida a profesorado que imparte a materia de Oratoria, profesorado de centros que impartan esta materia ou interesados en implantalo no vindeiro curso e/ou profesorado CTIM (STEM)

REFERENCIA

L1503002

LUGAR DE CELEBRACIÓN

Centro de formación e Recursos de Lugo

 

DATAS

29 de febreiro e 2, 7 e 9 de marzo.

HORARIO

18 a 21 horas

DURACIÓN

12 horas

OBXECTIVOS

Apoiar na implantación da materia de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes.

Melllorar as habilidades de divulgación científica e potenciación das vocacións STEM.

RELATOR

Juan Marcos Pérez Gulín  (Fundación GALICIA SUSTENTABLE)

METODOLOXÍA

Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.

Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.

Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.

 

Imaxe Creative Commons CC0
https://pixabay.com/es/micr%C3%B3fono-hablar-conferencia-704257/

Menús CAFI node R

 

Sección