O conselleiro de Cultura e Educación recorda o esforzo da comunidade educativa na atención á diversidade con motivo da presentación do número 19 da revista Maremagnum

A publicación, que conta co apoio do departamento educativo da Xunta, céntrase nos Trastornos do Espectro do Autismo (TEA)

Lun, 14/09/2015 - 19:30
O conselleiro de Cultura e Educación recorda o esforzo da comunidade educativa na atención á diversidade con motivo da presentación do número 19 da revista Maremagnum
O conselleiro de Cultura e Educación recorda o esforzo da comunidade educativa na atención á diversidade con motivo da presentación do número 19 da revista Maremagnum

Con motivo da presentación do número dezanove da revista Maremagnum, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recordou o esforzo do seu departamento e de toda a comunidade educativa con respecto á atención á diversidade, regulada mediante decreto e que, posteriormente, favoreceu o nacemento da Rede Galega de Atención Temperá.

Así o lembrou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia durante a presentación desta publicación, editada pola Federación Autismo Galicia e especializada nos Trastornos do Espectro do Autismo (TEA). Neste senso, Román Rodríguez felicitou a todos os que fan posible a revista, que conta co apoio da Consellería, así como á Federación polos seus vinte anos en activo. Tal e como destacou, iniciativas coma esta permitirán rematar cos datos de desemprego que se rexistran neste colectivo.

A maiores do conselleiro –que estivo acompañado polo presidente da Federación Autismo Galicia, Antonio de la Iglesia; e o vicepresidente do organismo e tamén director da revista, Cipriano Luís Jiménez– ao acto tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro.