Educación amplía a colaboración co Concello de Oroso para incrementar en máis dun 50% o número de beneficiarios do servizo de comedor no CEIP de Oroso, en Sigüeiro

O conselleiro Román Rodríguez, e mailo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asinaron unha addenda pola que se eleva a 48.000 euros a achega da Xunta

O número de usuarios pasará de 49 a 75 nenos e nenas no vindeiro curso escolar

Mér, 22/07/2015 - 19:05
O conselleiro Román Rodríguez, e mailo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asinaron unha addenda pola que se eleva a 48.000 euros a achega da Xunta
O conselleiro Román Rodríguez, e mailo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asinaron unha addenda pola que se eleva a 48.000 euros a achega da Xunta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mailo Concello de Oroso amplían a súa colaboración para a prestación do servizo de comedor no CEIP de Oroso, en Sigüeiro. O conselleiro Román Rodríguez e mailo alcalde da localidade, Manuel Mirás, asinaron hoxe unha addenda para elevar de 49 a 75 o número de beneficiarios do comedor neste centro no vindeiro curso 2015-2016.

Segundo se establece na addenda, a Consellería amplía en 5.017 euros a contía inicialmente establecida, polo que importe total de financiamento do comedor escolar neste centro elévase a un total de 48,382 euros.

Deste xeito a Consellería subvencionará os menús do comedor escolar, mentres que o Concello comprométense á contratación da elaboración e servizo dos menús escolares, así como ao coidado e asistencia do alumnado durante as comidas.

Cómpre lembrar que en Galicia, o 83,47% dos usuarios dos comedores escolares xestionados pola Consellería utilizan o servizo totalmente de balde ou pagando tan só un euro, mentres que a contía máxima de 4,5 euros/día tan só o abonan un 12,3% dos usuarios. Esas cifras confirman que o servizo de comedor escolar en Galicia, baseado na renda familiar, é un dos sistemas máis xustos e asequibles para as familias de todo o Estado español.

No último curso 14/15 Cultura e Educación destinou preto de 30 millóns de euros aos comedores de xestión propia, así como ao cofinanciamento dos comedores xestionados polos concellos e polas ANPAS. Esta cifra supón duplicar o orzamento de 14,6 millóns que se destinaba en 2007 a este mesmo fin. Ademais o número de prazas de comedores incrementouse en 13.731 desde o curso 08/09, ata chegar no 14/15 ás 71.731 (comedores xestionados pola Xunta+ANPAS+Concellos).