Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2015/2016

Lun, 27/04/2015 - 09:10

Xúntase a Resolución do 8 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2015/16.

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 16 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia deberá expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.