Difusión da Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal Non Docente

Xov, 23/04/2015 - 14:26

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  do 22 de abril de 2015, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ponse a disposición dos traballadores e traballadoras a posibilidade de  solicitar de forma telemática a realización do seu recoñecemento médico laboral, de conformidade coas condicións establecidas na citada Resolución e comunicadas como instrucións ás direccións dos centros educativos. Así, os traballadores e traballadoras que estean interesados en realizar o exame de saúde durante o período lectivo 2014/2015 poderán inscribirse a través do seguinte enlace: https://revisionmedicanondocentes.xunta.es.

  • O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión  desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • AVISO: Lémbrase que o prazo de inscrición é de 10 DÍAS NATURAIS.  Por tanto,  remata o día Domingo 03/05/2015 ás 23:59 h.