Aberto o prazo para actualizar o expediente por parte do persoal docente funcionario de carreira que non participe nos vixentes concursos de traslados, o persoal funcionario en prácticas,o persoal interino e substituto e o profesorado de relixión

Mar, 16/01/2018 - 15:10

Está aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira que non participe nos vixentes concursos de traslados, o persoal funcionario en prácticas, o persoal interino e substituto e o profesorado de relixión poida actualizar o seu expediente persoal, alegando os méritos que non consten no mesmo, no enderezo www.edu.xunta.gal/datospersoais.

Polo que respecta ao persoal interino e substituto, só poderá acceder á aplicación quen prestara servizos entre o 01/09/2017 e o 31/12/2017.

A través do enderezo indicado poderá xerar unha instancia coas alegacións introducidas, que deberá presentar en rexistro xunto coa copia compulsada da documentación xustificativa dos méritos alegados. A documentación xustificativa deberá remitirse numerada e ordenada segundo o que figura na instancia.

  • O prazo permanecerá aberto ata o 31 de xaneiro do presente ano.