Continuidade dos centros educativos para o curso 2014/2015 que forman parte da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado para implantar en centros no curso 2013/2014

Mar, 21/10/2014 - 14:31

A Resolución do 22 de maio de 2012, da dirección xeral de educación, formación profesional e innovación educativa pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado  a implantar en centros educativos públicos dependentes da consellería de cultura, educación e ordenación universitaria no curso 2012-2013 contemplaba, nos apartados 4.3 e 14.3, que os plans presentados tiveran unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro  así como que os centros da rede de formación realizaran un informe de cada plan que sería elevado á Comisión de selección a efectos de validar a súa continuidade.

Reunida a citada comisión de selección, revisados os informes e as solicitudes dos centros educativos para a continuidade  dos plans de formación durante o curso 2013-2014, cómpre publicar a resolución cos centros educativos seleccionados. A listaxe vai ordenada por provincias e concellos respectivamente

Menú Advertisement

Proxectos de Formación Permanente do Profesorado

Sen términos