S1401054 A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva

O CAFI no mes de novembro desenvolverá un curso de 24 horas no que se aportarán respostas, recursos e ferramentas para atender á diversidade nas aulas. O prazo para inscribirse remata o 19 de setembro de 2014.
Lun, 08/09/2014 - 13:36
A diversidade nas aulas

A diversidade nas aulas. Estratexias para unha escola inclusiva.

Modalidade: Curso presencial

Referencia: S1401054
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre_ novembro
Data límite de inscrición: 19/09/2014      https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 30

Horas: 24 horas (21 horas presenciais e 3 de traballo individual)

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
597 - Mestres

Criterios de selección:

Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos:

  • Sensibilizar e contribuír a desenvolver unha actitude positiva cara á inclusión do alumnado.

  • Coñecer as características do alumnado con necesidades educativas específicas.

  • Aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva.

Contidos:

  • Intervención na aula inclusiva: recursos específicos para o alumnado con dificultades de aprendizaxe, conduta, discapacidade e outras necesidades.

  • Deseño e aplicación de respostas educativas dentro da escola inclusiva.

  • Estratexias de intervención para a inclusión do alumnado.