Título node Learning object

Rapazas emprendedoras nas TIC
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)

Ámbito: ciencia e tecnoloxía /igualdade
Definición:

O programa “Rapazas emprendedoras nas TIC” ten como obxectivo fomentar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no alumnado de primaria e secundaria, poñendo especial atención no rol das rapazas e mulleres tanto como referentes do sector como creadoras de contidos TIC. Deste xeito o obxectivo e que dende os centros de desenvolva un producto TIC, (vídeo, blog, páxina web, publicacións en RRSS, proxecto, maqueta, curtametraxe, etc), usando novedosas ferramentas TIC, orientadas a destacar a persoeiros importantes do ámbito científico-tecnolóxico, onde debe verse a importancia da representación feminina para a evolución do ámbito. Deste xeito, búscase a promoción do emprendemento entre as alumnas e alumnos de primaria e secundaria a través das tecnoloxía da información e da comunicación

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: educación primaria e secundaria
Límite de centros participantes: 15

Criterios de selección:

  • Calidade do proxecto presentado

Responsable do programa:

Nome: Lorena Otero Cerdeira
Departamento: Vicetesourería do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)
Teléfono: 609 670 774
Correo electrónico: vicetesoureira@cpeig.org


Xustificación

O programa está relacionado con varias iniciativas a nivel europeo, como o proxecto europeo “ICT-Go-Girls! Promoting Entrepreneurship Among Secondary School Girls through ICT”, no que participa a Secretaría Xeral de Igualdade, e o “Girls in ICT Day”, promovido pola International Telecommunication Union (ITU) a nivel internacional.

O 95% de todos os traballos requiren hoxe algún grao de coñecemento das TIC e, segundo a Comisión Europea (CE), na actualidade só o 30% do sector TIC está formado por mulleres. Estas sofren infrarrepresentación en todos os niveis neste sector, sobre todo nos máis decisivos, a pesar do rápido crecemento que experimenta o sector a nivel europeo con cerca de 120.000 novas ofertas laborais anuais.

As razóns polas que a porcentaxe de rapazas é tan baixo son múltiples, pero entre elas destaca a falta de coñecemento das opcións dispoñibles no mundo das TIC, a falta de modelos próximos e de proxectos divertidos e interesantes no ámbito escolar que teñan unha compoñente de xénero.

Neste contexto, é necesario que as mulleres sexan parte activa na creación, non só no consumo das tecnoloxías que marcan as nosas vidas. E a solución para que isto suceda a curto prazo non é doada, porque as decisións sobre a orientación académica no ámbito das TIC é algo que vén dende antes da universidade, nos primeiros anos de secundaria. Por iso, o programa "Rapazas emprendedoras nas TIC" está deseñado para fomenar a visualización e participación positiva das mulleres no eido das TIC, ademais de ofrecer vías para a participación das alumnas en accións de creación no ámbito das TIC nas que elas sexan as protagonistas, non simples usuarias.

Obxectivo

  • Fomentar o coñecemento e uso das rapazas de primaria e secundaria das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Sendo as rapazas o destinatario principal da iniciativa, non exclúe en ningún caso a presenza de rapaces no programa, sendo moi importante tamén que eles coñezan a relevancia de persoeiros do sector e do potencial das TIC

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Actividades

Apoio ao profesorado: asesoramento ó profesorado mentor do programa en canto ao proxecto a desenvolver e as ferramentas e tecnoloxías para desenvolvelo.

Charlas: ofrécese a posibilidade de charlas con persoeiros relevantes no ámbito das TIC en Galicia nos centros interesados (suxeito á dispoñibilidade dos relatores).

Saídas:

  • Oferta de visitas específicas a centros tecnolóxicos e institucións vinculadas ás TIC en Galicia (suxeito á dispoñibilidade).
  • Asistencia ao evento de celebración do "Día das Rapazas nas TIC", organizado regularmente o terceiro xoves de abril (suxeito á dispoñibilidade e condicións sanitarias).

Recursos

Produto final

Os centros participantes deberán elaborar un produto final do seu proxecto, o cal poderá ser: vídeo, blog, páxina web, publicacións en RRSS, maqueta, curtametraxe etc.

Criterios específicos para a avaliación das memorias finais

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Cumprimento dos compromisos aceptados para participar no programa.

5. Implementación de metodoloxías innovadoras no desenvolvemento das actividades realizadas.

6. Consecución dos obxectivos propostos no proxecto.

Menús Learning object node R