Orde para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2014/2015, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...
Xúntase a Orde do 10 de xuño de 2014 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2014/15, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal opositor do ano 2014, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
Prazo para cubrir a instancia na web:
- Para o profesorado desprazado e en expectativa de destino, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas, interinos, substitutas e substitutos o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014, o prazo será de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da listas de aprobados polos tribunais.
Orde do 10 de xuño de 2014: Normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2014/2015 (DOG)
Corrección de erros (DOG)
Anexo: Códigos localidades e centros
Listaxe de persoal interino e substituto
Resolución do 9 de setembro de 2014: Adxudicación definitiva dos destinos provisionais (DOG)