Proxecto de Decreto polo que se establece o currículo da educación primaria na comunidade autónoma de Galicia

Mér, 21/05/2014 - 14:49

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o decreto polo que se establece o currículo da educación primaria na comunidade autónoma de Galicia.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas ao proxecto deste decreto, por medio do documento denominado "Contraste_Decreto_ep_.doc" que deberá ser remitido ao enderezo de correo electrónico curriculoep@edu.xunta.es seguindo as instrucións que se indican no propio documento.

•Prazo para presentar proposicións e suxestións: 15 días hábiles
•Data de inicio do prazo: 31 de maio de 2014
•Data de remate do prazo: 17 de xuño de 2014