A Consellería de Cultura e Educación e Down Galicia reúnense para abordar a atención ás necesidades específicas de atención das persoas con este síndrome no novo escenario da LOMCE

O departamento educativo da Xunta de Galicia escoitou as dúbidas e propostas da federación en referencia á aplicación da nova lei

Mar, 15/04/2014 - 18:14
 A Consellería de Cultura e Educación e Down Galicia reúnense para abordar a ate
A Consellería de Cultura e Educación e Down Galicia reúnense para abordar a atención ás necesidades específicas de atención das persoas con este síndrome no novo escenario da LOMCE

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e o presidente da federación Down Galicia, Delmiro Prieto; reuníronse esta mañá para abordar as novidades que supón a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) no tratamento das necesidades educativas específicas das persoas con este síndrome, en conxunto coas actuacións que xa vén desenvolvendo o departamento educativo da Xunta de Galicia no marco do Decreto de Atención á Diversidade.

No encontro, no que participou tamén o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e Sonia Caldas, da devandita federación; tratáronse as cuestións plantexadas por Down Galicia arredor, fundamentalmente, das medidas para a inclusión educativa do alumnado nas diferentes etapas educativas. Neste sentido, Xesús Vázquez trasladoulles a vontade da Consellería de continuar a traballar por unha escola na que se acade o mellor de cada alumna e alumno de acordo coas súas capacidades, aproveitando ademais as oportunidades que ofrece a posta en marcha do novo modelo de ensino.

O conselleiro comprometeuse a analizar ademais as propostas presentadas por Down Galicia na reunión de hoxe para telas en conta no texto de adaptación ao sistema educativo galego dos novos currículos de educación Primaria e da FP Básica, que a Consellería deberá presentar nas vindeiras semanas de cara á súa implantación no vindeiro curso 2014/2015.