Título node Learning object

Curso de arte e educación: "configurando o mapa contemporáneo" do 5 ao 7 de decembro en Santiago de Compostela
Xov, 14/11/2013 - 17:53
Curso de arte e educación

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan o curso de arte e educación: "configurando o mapa contemporáneo" do 5 ao 7 de decembro de 2013 no CGAC en Santiago de Compostela.

Este curso pretende pór en marcha un espazo común de traballo en arte e educación contemporáneas e ofrecer oportunidades para experimentar e debater aspectos da educación artística nos intersticios dos paradigmas da arte contemporánea, das tecnoloxías dixitais, da educación e das accións coas comunidades.

Prazas: 56 para o profesorado de Educación Primaria e Secundaria das áreas de educación artística, educación plástica e visual e afíns e 24 prazas para todas as persoas interesadas na educación e na arte contemporánea.

A matrícula ten un custe de 60 €.

As persoas interesadas poderán inscribirse enviando un correo electrónico a cgac.actividades@xunta.es. Nel deberán indicarse os datos persoais, área de traballo e centro educativo.

Esta é unha actividade da Universidade de Santiago de Compostela recoñecida como formación permanente do profesorado (20 horas) pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.