Título node Learning object

Convocatoria de premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012/2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de FP
Ven, 25/10/2013 - 15:49
Formación Profesional

Resolución do 25 de outubro de 2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012‐2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional.

Ámbitos:

  • A. Agroalimentario
  • B. Automoción.
  • C. Enerxías renovables e eficiencia enerxética.
  • D. Forestal e madeira.
  • E. Procesos industriais.
  • F. Química.
  • G. Servizos sociais e sanitarios.
  • H. Telecomunicacións e tecnoloxías da información.
  • I. Turismo e termalismo.

Haberá un único premio para cada un dos ámbitos, por valor de 10.000 €.

O prazo de solicitudes comeza o día seguinte da publicación desta resolución no espazo web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e remata o día 8 de novembro de 2013.

Para participar nesta convocatoria será necesaria a presentación da seguinte documentación:

  • Instancia (arquivo anexo: anexo I)
  • Memoria descritiva do proxecto en formato dixital
  • Materiais en formato dixital

Para máis información descargas o arquivo anexo das bases.