3ºESO
Achegamos os modelos de impreso de solicitude de matrícula para o curso 2018/2019 onde se poden consultar as materias ofertadas e posibles itinerarios académicos.
IMPRESOS
O alumnado de 3º de ESO dentro das actividades organizadas polo departamento de Tecnoloxía, preparou unha exposición sobre os materiais plásticos e a súa problemática actual. Nela se poden ver os diferentes tipos de plásticos de uso común, as súas características, as razóns polas que se están a converter nun problema global e o mellor de todo: unha colección de obxectos realizados a partir de plásticos reciclados que nos aportan ideas para darlles un segundo uso a eses materiais antes de botalos ao lixo.
POR FAVOR, en ben do planeta e de todos nós, reduzcamos o uso dos plásticos e colaboremos na súa correcta reciclaxe.
Segundo comentan os nosos enviados especiais a Londres, a viaxe de estudantes de 3º de ESO, acompañados polos profesores Clara Rodríguez e Amancio Liñares á capital inglesa está a ter unha intensa actividade cultural. Podedes facer o seguimento en exclusiva na nosa páxina de Facebook, que contén todo o apoio gráfico.
Aquí tedes os apuntes do tema de materiais cerámicos e de construción. LIGAZÓN
Parabéns a Iría Sánchez Del Río de 3º ESO polo 3º Premio de narrativa na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) co traballo Noite de lóstregos.
Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes.Ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións e, no seu caso, remitan a documentación refirida no estado "14. Requirimentos pendentes"
Toda a información a tedes dispoñible en https://www.edu.xunta.es/axudasle/