2ºESO
Onte no Salón de Plenos do Concello de Negreira foron entregados os diplomas a unha nova promoción do alumnado mediador, no acto de entrega estiveron presentes o Alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, o director, Adelino José Pose Reino, a orientadora, Begoña Cortés Ferro, a coordinadora do servizo de mediación, Kety Lois Salgado,e 18 alumnos e alumnas de 2º ESO que o ano pasado recibiron o curso de formación. A partir de agora incorporanse a este servizo, damoslle a benvida e desexamoslle os maiores éxitos no traballo complicado que teñen que realizar.
Para ver fotos da entrega clicar na imaxe:
O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu hoxe a entrega de diplomas a unha nova promoción de alumnado do Servizo de Mediación do Instituto Xulián Magariños, nun acto presidido polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño e no que tamén participou o director do IES, Adelino Pose Reino, así como as profesoras Begoña Cortés e Kety Lois, do Departamento de Orientación.
Para ver a noticia completa clica na seguinte imaxe:
Para ver as fotos da actuacción musical de Anne Tooming o venres 14 de outubro, clicar na seguinte imaxe:
O IES Xulián Magariños, en colaboración co Concello de Negreira, organizará nos próximos días unha serie de actos para celebrar o inicio de curso e presentar a nova edicción do Premio Científico, que este ano leva o nome de Dna. Victoria Otero Espinar, decana da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O martes 11 de outubro pola tarde terá lugar a presentación do premio científico e a conferencia de Dna. Victoria Otero Espinar.
O venres 14 de outubro, as 13:30 horas poderemos disfrutar dunha actuación musical a cargo da compositora, directora e pianista estonia Anne Tooming.
Podedes consultar toda a información nos arquivos adxuntos.
Traballo titulado Auga en Ons, gañador do PREMIO HUMANÍSTICO RUBÉN LOIS GONZÁLEZ, do que son autores os alumnos do curso de 2º Bacharelato - A, D. Alberto Caamaño Noya, e D. Daniel Manteiga Rodríguez.
Para ver o traballo clica na imaxe: